O Centro Comercial Gran Vía súmase á iniciativa local “Cada neno un xoguete”

“Cada neno un xoguete” é unha iniciativa local que ten como obxectivo a recollida solidaria de xoguetes
Publicado por o día 26/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía súmase á iniciativa local “Cada neno un xoguete”

O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA súmase á iniciativa de “Cada neno un xoguete” ata o día 4 de xaneiro no espazo infantil FUN AREA (Planta 2) e no Punto de Atención ao Cliente (Planta 0) onde se localizará o punto de recollida de todas aquelas doazóns de xoguetes por parte dos clientes.
“Cada neno un xoguete” é unha iniciativa local que se pon en marcha todos os anos na época de Nadal e que foi gañadora dun premio a nivel nacional como mellor Campaña Influencer Awards 2016.
 
Todos os que queiran participar poden entregar non só xoguetes en desuso, se non tamén xoguetes educativos, de lecer e que poidan ser utilizados en estudo. Ademais, pódense entregar material tecnolóxico e escolar para nenos e nenas de 10 a 15 anos, como ordenadores, portátiles, libros, etc.