O Centro Comercial Travesía celebra o seu dezaseis cumpreanos cun particular “Monopoly”

A partir do 18 de outubro poderás conseguir fantásticos premios xogando ao Comerciopoly, un xogo para toda a familia
Publicado por o día 18/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Centro Comercial Travesía celebra o seu dezaseis cumpreanos cun particular “Monopoly”

O Centro Comercial e de Lecer Travesía cumpre 16 anos e para celebralo instalará a súa propia versión do “ monopoly” co fin de repartir numerosos premios entres os seus visitantes. Este particular xogo, que recibe o nome de Comerciopoly, ten como obxectivo conseguir o maior número de propiedades para trocalas por agasallos directo e obter rascas de premios VIP e conseguir os máis buscados.

Entre os días 18 e 28 de outubro todos aqueles visitantes que queiran participar, terán que presentar un ticket de compra por importe mínimo de dez euros, e coa data da promoción, na caseta situada na planta alta.

A zona de Comerciopoly contará cun taboleiro de 5 x 5 metros, dados, fichas e tarxetas xigantes, para facer máis entretido e cooperativo o Comerciopoly integrando a toda a familia no xogo e unha caseta cunha ruleta dirixido por unha azafata que resolverá todas aquelas dúbidas que poidan xurdir.

Os premios aos que se pode optar por tan só 10 euros de compra nalgún dos establecementos de Travesía van desde descontos nas tendas do Centro Comercial ata, Apple Watch, Ipad e patinetes eléctricos.

O horario de Comerciopoly será de luns a venres de 17:00 a 21:00 horas e sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, fóra deste horario non haberá posibilidade de trocar os tickets de compra pero si se poden gardar e volver no horario mencionado.

CC TRAVESIA DE VIGO – COMERCIOPOLY – COMUNICACION – ONLINE

Comentar noticia

Your email address will not be published.