O Centro Comercial Travesia de Vigo acolle unha exposición baixo o nome “RetroTravesia” baseado nas videoconsolas da tua vida

O Centro Comercial e de Lecer Travesía, acollerá unha nova exposición: RetroTravesia. Unha mostra de videoconsolas e videoxogos retro dos anos 70, 80 e 90.
Por o 07/09/2018 | Sección: Galicia,Vigo
O Centro Comercial Travesia de Vigo acolle unha exposición baixo o nome “RetroTravesia” baseado nas videoconsolas da tua vida
Compartir en:

Do 7 de setembro ao 22 de setembro na planta alta do Centro Comercial Travesia os visitantes poderán gozar das videoconsolas máis lembradas para toda unha xeración; a Sega Mega Drive, a Nes de Nintendo, a Soundic TV Sports, a Master System II de Sega, a Atari Jaguar, e a Nintendo 64 entre outras.

Máis de 15 videoconsolas acompañadas dos xogos máis míticos nunha nova exposición que ofrece ao visitante unha viaxe no tempo que lle permitirá descubrir como evolucionou esta industria ao longo dos últimos anos.

Ademais, desde o venres 7 de setembro, poderán simular o apaixonante mundo do motor e as carreiras con Travesia Carreira. Este espazo contará con Circuítos RC para xogar con vehículos de radio control, esas de Carreira GO. (4 pistas, 16 mandos, 8 transformadores e 32 coches variados) e simuladores.