O centro comunitario de compostaxe de Goián (Tomiño) recibe a visita formativa de alumnado do Centro San Xerome de A Guarda

A visita transcorreu nun ambiente de cordialidade e cooperación, no que técnicos e aprendices puideron intercambiar experiencias e aprendizaxes
Publicado por o día 11/06/2019 na sección de Galicia,Tomiño

O centro comunitario de compostaxe de Goián (Tomiño) recibe a visita formativa de alumnado do Centro San Xerome de A Guarda

As mestras e mestres composteiros do centro para persoas con discapacidade San Xerome Emiliani, de A Guarda, visitaron o Centro Comunitario de Compostaxe de Goián.

A visita transcorreu nun ambiente inmellorable, no que os técnicos do Concello de Tomiño puideron intercambiar experiencias e aprendizaxes con Ana María Losada, Carmen Verde, Enma Fernández, Fabio Martínez, Francisco José Costas, Generoso Pérez, Lourdes Fernández, Lucía Baz, María Penodjona, Maite Barros, Mercedes Rodríguez e Óscar Álvarez e con Marcio Fernández, Manuel Martínez e Olga Rodríguez e co profesor Guillermo Rodríguez Barreiro.

Todos forman parte do proxecto XE-MENTE, que ten a compostaxe como parte da súa formación. “O acrónimo do proxecto xoga cunha dualidade: XE-MENTE é a unión de Xerome e semente, e ademais de valorizar o ecosistema autóctono, de forma simbólica, representa a primeira semente da diversidade plantada por San Xerome, para conseguir xerar un Horto de Plena Inclusión”, explicaron tras a visita.

“Este proxecto xera novos perfís profesionais que contribuirán a crear empregos verdes inclusivos e a preservar a riqueza dun ecosistema auto-sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas. Fermoso e útil proxecto. Moitas gracias a todos eles por acollernos na súa asociación e por visitarnos en Goián”, comentaron, pola súa banda, os mestres composteiros de Tomiño.