O “miniecopunto” de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) permanece no Centro Cultural de Mañufe para facilitar a veciñanza un lugar onde depositar os aparellos electrónicos (móveiles, tablets, cargadores, etc) dos que se queran desfacer. O obxectivo e concienciar e sensibilizar a poboación na necesidade de reutilizar e reciclar estes aparellos.
Este “miniecopunto”, que está a percorrer todas as parroquias do concello, enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provncial e á que se adscribiu o concello de Gondomar.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.