O Centro de Inclusión proporcionou 6.506 pernotas nos primeiros seis meses de 2019

Abel Caballero deu conta esta mañá da memoria semestral do Centro de Inclusión Social que rexistrou 6.506 pernoctacións, ademais de servir 10.591 menús. Tal e como explicou, cando as instalacións municipais de Marqués de Valterra non teñen praza, os usuarios se derivan ao albergue dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, polo que “en Vigo só durme na rúa quen quere”.
Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Centro de Inclusión proporcionou 6.506 pernotas nos primeiros seis meses de 2019

O albergue de Vigo rexistrou nos primeiro seis meses do ano 6.506 pernoctacións, dos 193 foron novos usuarios. A ocupación global foi dun 94,59%, e tal e como lembrou o rexedor, existe un convenio cos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, ao que se dirixen aos usuarios no caso de que non haxa sitio nas instalacións de Marqués de Valterra, “polo que en Vigo sempre hai sitio para durmir, pagadas polo Concello”.

O comedor social serviu nos últimos seis meses 10.591 menús, para 506 persoas diferentes o que significa que comen case o dobre de persoas que pernoctan, mentres que o número de novos usuarios é de 185, unha cifra que evidencia que hai renovación, tal e como corresponde ao funcionamento dos albergues. Da memoria semestral despréndese tamén que 413 usuarios usan o servizo de duchas e 314 o de lavandería.

A sala de lecer recibiu 11.000 estancias, o dobre que pernoctas, mentres que houbo 53 demandantes do servizo de apoio á vivenda con 76 intervencións e 27 persoas conseguiron aloxamento estable, a maior parte con apoio municipal. O Centro de Inclusión desenvolve outras intervencións complementarias como son acompañamentos xurídicos, case 60 acompañamentos sanitarios ademais de case 700 seguimentos sociais.

Rematou lembrando o investimento do Centro de Inclusión que supera os 800.000 euros, aos que hai que sumar o convenio cos Hermanos Misioneros. Estas infraestruturas garanten que en Vigo so durme na rúa quen quere, aclarou o rexedor.