O centro de interpretación dos Parques Naturais: unha metáfora dos espazos protexidos galegos

Un mamotreto de formigón en ruinas dende 2012 na chaira de inundación do Miño en Ourense, ilustra perfectamente a situación de abandono e desleixo do noso patrimonio natural.

Segundo unha nota da Xunta, o proxecto de Centro de interpretación dos parques naturais de Galicia presentouse en 2007 como “un edificio símbolo da Galiza verde, o único deste tipo en todo o país, un compendio de todos os seus ecosistemas…”, e abofé que hoxe é iso: un símbolo de como están actualmente os nosos espazos naturais máis sobranceiros.
Orzamentado daquela en 4,7 millóns de € dos que xa foron “investidos” 2,2, Xunta e goberno central levan dende 2012 desfollando a margarida sobre que facer cun esquelete de formigón, o que ía ser o “Gugenheim ambiental”, nunha parcela periodicamente asolagado polas choivas.

Os espazos protexidos e a educación ambeintal, á intemperie

Eata obra non só é outro cadaver urbanístico máis deixado nas beiras do Miño pola crise e a burbulla inmobiliaria: funciona moi ben como imaxe simbólica do actual estado de abandono e desleixo dos espazos naturais galegos, e da miopía dos responsábeis públicos que prefiren investir en eco-mausoleos antes que en educación ambiental.

A rede galega de espazos protexidos segue sendo a máis cativa de todas as comunidades autónomas (agás Melilla) con apenas un 12% do territorio continental prorexido. mentres a media estatal abeira o 30%. As dúas propostas de ampliación, presentadas sucesivamente en 2008 e 2012 por diferentes governos, non chegaron a aprobarse nunca, malia ás advertencias e sancións de Europa para ampliar a escasa representatividade dalgúns hábitats protexidos.
Dos 6 Parques Naturais e o Parque Nacional, millor nin falar: anos de incumprimentos e retrasos na aprobación das ferramentas de xestión, obrigatorias por lei, comprometeron a viabilidade ecolóxica dos seus elementos máis valiosos, de xeito que hoxe son pouco máis que parques temáticos para uso turístico-recreativo.
E no referido ás especies, das case 200 consideradas como ameazadas ou en perigo de extinción, apenas 4 contan cun plano de conservación ou recuperación en vigor logo de 12 anos, malia a térense licitado, redactado e pagado ducias de documentos técnicos que aínda agardan por unha aprobación que non da chegado.

Polo que atinxe á educación ambiental, no panorama galego fican apenas cascallos. Preferouse investir en cemento antes que en coñecemento: 5 millóns no centro de interpretación dos parques; 470.000 € no das Gándaras de Budiño, derrubado sen ter aberto as portas; medio millón no das Illas Atlánticas… Mentras, pechan equipamentos e despídese a educadore/as nos mesmos espazos que se pretenden interpretar. O investimento público en EA caeu a mínimos, reducíndose nada memos que nun 93% en 10 anos (dato da Sociedade Galega de Educación Ambiental). E a Estratexía Galega de Educación Ambienta, que tiña que ser revisada pasados seis anos depois de publicarse (2000) segue hoxe igual de esquecida que os espazos naturais galegos.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM