O centro de sa√ļde de Navia incorporou un novo odont√≥logo e un hixienista dental

A ampliación do horario das consultas en xornada de tarde, supón un feito de especial interese sobre todo para a poboación traballadora e escolar
Publicado por o d√≠a 06/02/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O centro de sa√ļde de Navia incorporou un novo odont√≥logo e un hixienista dental

A EOXI de Vigo dotou ao centro de sa√ļde de Navia cun novo odont√≥logo e un hixienista dental, que se incorporaron este luns √° Unidade de Sa√ļde Bucodental do devandito centro sanitario.

Estes novos efectivos, que ve√Īen a sumarse ao outro equipo de profesionais xa existentes (odont√≥logo e hixienista), posibilitan a oferta de atenci√≥n bucodental na xornada de tarde. Isto √©, desde esta semana, a poboaci√≥n poder√° recibir estas prestaci√≥ns na xornada vespertina.

Con estas novas incorporaci√≥ns, o SERGAS da cumprimento ao compromiso adquirido con este centro sanitario de ir incrementando as s√ļas prestaci√≥ns e recursos na medida que vaia incrementando a poboaci√≥n asignada ao mesmo. Neste momento, a poboaci√≥n √© de 13.735 usuarios, da que 3.133 √© poboaci√≥n infantil.

Hai que recordar que hai pouco máis dun ano iniciouse a xornada de tarde, o que supuxo unha importante dotación de persoal, cuantificada en 11 novos profesionais: 2 médicos de familia, 1 pediatra, 1 odontólogo, 1 hixienista dental, 1 fisioterapeuta, 3 enfermeiras, 1 TCAE e 1 PSX (persoal de servizos xerais).

En total, a día de hoxe, o cadro de persoal de Navia esta composto por 34 profesionais: 8 médicos de familia, 3 pediatras, 9 profesionais de enfermaría, 2 TCAEs, 3 fisioterapeutas, 1 matrona, 2 odontólogos, 2 hixienistas dentais e 4 PSX (persoal de servizos xerais).

Mellora da atención sanitaria

Estas novas dotacións asistenciais incrementaron considerablemente a calidade prestada á poboación, dada a mellora da accesibilidade horaria ofertada. A ampliación do horario das consultas en xornada de tarde, supón un feito de especial interese sobre todo para a poboación traballadora e escolar.

Outra das vantaxes da xornada de tarde, ademais da realizaci√≥n de consultas ordinarias, √© que permite atender as urxencias dos usuarios adscritos no propio centro de sa√ļde, o que representa unha gran mellora cualitativa: a proximidade de domicilio, xa que os pacientes con algunha urxencia non te√Īen que desprazarse a outros puntos de atenci√≥n urxente sen√≥n que de primeira instancia poden acudir ao seu centro de sa√ļde habitual.

Ademais da actividade asistencial, ordinaria e urxente, tamén poderanse realizar trámites administrativos, como son na cita previa, os cambios de médico, a modificación da tarxeta sanitaria individual ou a xestión do arquivo de historias clínicas.

15 Unidades sa√ļde bucodental

A √°rea sanitaria de Vigo conta con 15 Unidades de Sa√ļde Bucodental nos centros de atenci√≥n primaria, para facilitar a accesibilidade a este servizo a todas e todos os usuarios. Estas unidades est√°n formadas por m√©dicos especialistas, odont√≥logos e hixienistas dentais. A sa√ļde bucodental √© un aspecto importante da sa√ļde e do benestar xeral da sociedade, e debe considerarse como unha actividade fundamentalmente preventiva inclu√≠da na pr√°ctica diaria da Atenci√≥n Primaria. En concreto, as prestaci√≥ns existentes en Galicia est√°n dirixidas √° poboaci√≥n infantil de idade pedi√°trica entre 6 e 14 anos, e tam√©n √°s mulleres xestantes e ao colectivo de adultos en grupo de risco.

Neste senso, os especialistas realizan actividades curativas -tratamento de procesos agudos bucodentais inclu√≠ndo as extracci√≥ns de pezas dentarias e obturaci√≥ns en pezas definitivas (en nenos de 6 a 14 anos)- e actividades preventivas como selados nos nenos para prever a carie, revisi√≥n trimestral e aplicaci√≥n fl√ļor √°s embarazas e educaci√≥n sanitaria en materia de sa√ļde e hixiene bucodental.

Conv√©n destacar que as doenzas bucodentais m√°is frecuentes son a carie dental e a enfermidade periodontal. √Āmbalas d√ļas son susceptibles de prevenci√≥n coas medidas dispo√Īibles na actualidade. Ademais, estas enfermidades son m√°is facilmente tratables nos seus estadios iniciais, polo que √© importante garantir as revisi√≥ns peri√≥dicas.