O centro de saúde de Tomiño realizou un cribado con tes de antíxenos a 380 persoas da localidade

O Sergas adoptou esta decisión como complemento ao cribado poboacional masivo realizado hai uns días, e ante o incremento da incidencia da Covid-19 nesa poboación

O centro de saúde de Tomiño realizou onte un cribado con test de antíxenos a 381 persoas dese Concello que non tiñan participado no cribado poboacional masivo realizado hai unhas semanas.

Así, dada a elevada incidencia da Covid-19 mantida nos últimos días nesta localidade, o Sergas contactou con 600 persoas -que foran citadas para realizarse a proba PCR pero finalmente non se achegaran á cita- e puxo a súa disposición a realización dos test de antíxenos no mesmo centro de saúde. Destes citados, realizáronse o test 381 persoas (un 63,6%) nas que detectouse un caso positivo.

Hai que recordar que no anterior cribado realizado a principio de mes, o Sergas citou a 2197 persoas que de xeito voluntario se inscribiran previamente nun listado publicado polo Concello. Destes, acudiron a realizarse a PCR 1606 tomiñeses (un 73%) nos que detectáronse 18 casos positivos.

O Test de antíxenos consiste nunha técnica que se realiza no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra (extracción nasofarínxea). Preséntase en pequenos kits que conteñen todo o material necesario para facer as determinacións individualmente. Trátase dun procedemento sinxelo cuxo principal potencial é o de proporcionar un diagnóstico rápido (nuns 15 ou 20 minutos), polo que permite realizar as accións de control de forma inmediata.

Esta actuación se enmarca na estratexia desenvolvida polo Sergas para realizar cribados poboacionais a persoas asintomáticas, e detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos. O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario