O Centro de Saúde de Val Miñor acolle os grupos terapéuticos de AFAGA para coidadores de pacientes con Alzhéimer

O obxectivo é ofrecer ao coidador as ferramentas necesarias para atender correctamente ao seu familiar enfermo e xestionar ben as súas emocións
Publicado por o día 21/03/2019 na sección de Galicia,Nigrán,Sanidad

O Centro de Saúde de Val Miñor acolle os grupos terapéuticos de AFAGA para coidadores de pacientes con Alzhéimer

Os grupos terapéuticos para coidadores familiares de persoas con alzhéimer ou outras demencias, que imparte Afaga en colaboración coa Fundación Pasquall Maragall, impártense este ano no centro de saúde Val Miñor (Nigrán).

Estas sesións terapéuticas, que comezarán en abril, teñen como finalidade ofrecer ao coidador as ferramentas necesarias para atender correctamente ao seu familiar enfermo e xestionar ben as súas emocións, é dicir, aprender a facer fronte á enfermidade de Alzhéimer no día a día. Están dirixidas por unha psicóloga, e validada cientificamente. Os grupos estarán formados por 10 coidadores non profesionais, e a intervención terapéutica divídese en 14 sesións de 90 minutos, unha por semana, máis 6 sesións de seguimento e valoración da evolución.

Nestas sesións exponse temas relacionados coa enfermidade de Alzhéimer, como manexar determinadas situacións que se producen no día a día, a que recursos sociais teñen dereito; e abórdanse aspectos fundamentais como o
autocoidado, o xeito de xestionar as emocións, a aceptación da enfermidade, técnicas de relaxación, etcétera.

As sesións son gratuítas e a data límite de inscrición é o 27 de marzo de 2019. Máis información no teléfono de Afaga: 986 229 797 ou no correo electrónico: [email protected]