Tomiño, 14 de agosto de 2019.- O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández chega a súa sétima edición con trinta e dúas inscripcións previas e co prazo aberto até a propia xornada como ven sendo habitual.
A inscrición é gratuita e pode xestionarse na web https://eurocidadecerveiratomino.eu/formulario-vii-certame-de-pintura-ao-aire-libre-antonio-fernandez/ até o 16 de agosto e o día 18 de forma presencial en horario de 09h30 a 11h30 (hora galega) na Aula-museo Antonio Fernández (Praza Pintor Antonio Fernández s/n Goián).
O tema será calqueira paisaxe do percorrido establecido do cal se entregará un mapa unha vez selados os soportes. A obra realizarase ao aire libre e in situ como ven sendo habitual.
A entrega das obras e exposición das mesmas será no Espazo Fortaleza entre ás 17h00 e ás 18h00 (hora galega) e só se admitirá unha obra por artista. O fallo do xurado terá lugar ás 18h30 sendo os premios establecidos os seguintes: 1º premio, 1.500 €, 2º premio, 500€ e o 3º premio, 500€.
Ademáis, as obras participantes poderán estar expostas para a súa venta a primeira semana na sala de exposicións do Centro Goianés e a segunda semana na sede da Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.