O certarme OUFF escola entrega os premios da súa novena edición no marco do festival de cine internacional de Ourense

Os gañadores son os CEIP Sagrado Corazón de Placeres, Nosa Señora das Dores de Forcarei, Tenorio de Cotobade e mais os IES Alfoz de Valadouro, As Barxas de Moaña e Breamo de Pontedeume
Por o 03/12/2018 | Sección: Cultura,Galicia,Ourense
O certarme OUFF escola entrega os premios da súa novena edición no marco do festival de cine internacional de Ourense

O certame de Cinema OUFF Escola entregou hoxe á mañá os premios da súa IX edición nunha gala que se celebrou no Auditorio Municipal e na que participou a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. A iniciativa, que pon en valor e recoñece a creatividade audiovisual en lingua galega dos máis novos, promóvena o Concello de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da 23 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Á edición deste ano concorreron 102 traballos, 30 máis que o o pasado ano.

Recibiron cadanseu premio por categorías, 1º, 2º e mellor guión de infantil e primaria os CEIP Sagrado Corazón de Placeres, Nosa Señora das Dores de Forcarei, Tenorio de Cotobade, e correspondentes ao 1º, 2º e mellor guión de outros niveis de ensino non universitario, os IES Alfoz de Valadouro, As Barxas de Moaña e Breamo de Pontedeume.

A gala contou coa presenza de colexios de toda Galicia e durante ela proxectáronse os traballos gañadores. No acto de entrega tamén participaron o alcalde ourensán, Jesús Vázquez; a subdirectora xeral de Política Lingüística, Lourdes Batán; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

O OUFF Escola ten como obxectivo impulsar o uso do galego, coñecer a visión da infancia e da xuventude sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Enmárcase nunha das liñas de traballo da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que busca promover o cinema como ferramenta de dinamización lingüística entre a mocidade a través do apoio e da posta en marcha de diferentes programas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.