O Choco de Redondela e o Estudiantil da Estrada xogarán a final da Copa Deputación de Pontevedra de Fútbol

Os dous equipos foron os gañadores das rondas clasificatorias das zonas Norte e Sur da provincia nas que participaron 113 equipos
Por o 31/05/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
O Choco de Redondela e o Estudiantil da Estrada xogarán a final da Copa Deputación de Pontevedra de Fútbol
Compartir en:

O Club Deportivo Choco de Redondela e o Agrupación Estudiantil Club de Fútbol da Estrada son os dous equipos que disputarán a final da Copa Deputación de Fútbol masculino. Ambos clubs foron os clasificados das rondas clasificatorias da Zona Sur e da Zona Norte.

A Copa Deputación de Fútbol deste ano contou coa participación de 113 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, é dicir, 6 máis que na edición de 2017. Na Zona Norte participaron 61 equipos, 2 de Terceira División, 8 de Preferente, 11 de Primeira Autonómica, 18 de Segunda Autonómica e 22 de Terceira Autonómica. Na Zona Sur foron 52 equipos os que participaron na Copa. Máis polo miúdo xogaron 2 equipos de Terceira División, 7 de Preferente, 6 de Primeira Autonómica, 13 de Segunda Autonómica e 24 de Terceira Autonómica.

O Choco xogou o último partido contra o Atlético Villar nun derbi redondelán que o final acabou 2-0 a favor do equipo de terceira rexional fronte un Villar que milita en segunda autonómica. Agora o Choco terá que defender o seu posto despois de acadar as tres últimas Copas Deputación.

Na Zona Norte, tamén nun duelo local o Estudiantil venceu aos penaltis ao Estradense, tras os noventa minutos sen goles.