O CIAE 112 continúa traballando permanentemente para ofrecer os mellores niveis de calidade á cidadanía galega coa máxima eficacia e eficiencia

No eido das redes sociais destacou que, grazas á posta en marcha durante o ano pasado, tanto de Twitter como de Facebook, chegase de xeito mais directo e con maior fluidez e inmediatez á poboación.
Publicado por o día 06/02/2019 na sección de Sanidad

O CIAE 112 continúa traballando permanentemente para ofrecer os mellores niveis de calidade á cidadanía galega coa máxima eficacia e eficiencia

O CIAE 112 Galicia continua a traballar de maneira continua para mellorar o servizo prestado á cidadanía galega, coa premisa de obter os maiores niveles de calidade na asistencia e guiados polos principios de eficacia e eficiencia.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva compareceu esta mañá na Cámara galega onde detallou melloras que se teñen implementado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia dende a posta en funcionamento no ano 2017 do Centro na Estrada.

Santiago Villanueva destacou, en primeiro lugar, a mellora que supuxo a nova licitación da xestión do CIAE 112 que se tramitou no ano 2018, implementándose importantes novidades para o funcionamento do servizo, onde indicou que este é un indicativo claro da importante aposta realizada na procura da continua mellora do servizo que se presta á cidadanía dende o CIAE 112, xa que no incremento de investimento no servizo é fundamental o compoñente tecnolóxico, e a operatividade dos sistemas debe garantirse en todo momento, dado que, como lembrou, o servizo se presta de xeito ininterrompido durante todos os días do ano. Ademais, para a adecuada prestación deste servizo á cidadanía, o centro conta co persoal coa formación adecuada e cos coñecementos específicos precisos.

No eido das redes sociais destacou que, grazas á posta en marcha durante o ano pasado, tanto de Twitter como de Facebook, chegase de xeito mais directo e con maior fluidez e inmediatez á poboación. Tamén se levaron a cabo melloras tecnolóxicas na Sala de Crise do CIAE 112 , coas últimas tecnoloxías de comunicación e seguimento de medios, podendo recibir imaxes en tempo real do lugar de emerxencia ou dos distintos postos de mando avanzados.

No que se refire á xestión de emerxencias relacionadas cos incendios forestais e grazas á coordinación coa Consellería do Medio Rural, tanto no CIAE 112 como nas unidades móbiles utilizadas como postos de mando avanzado cóntase coa plataforma de xestión de incendios forestais, o que permite axilizar, planificar e atender dun xeito máis eficiente a aquelas emerxencias relacionadas cos incendios forestais que evolucionen a situacións desfavorables.

O director xeral destacou tamén como mellora levada a cabo no ano 2018 o establecemento da prioridade das chamadas de alcaldes e alcaldesas que teñen acceso directo á Sección Enlace do CIAE 112. Con esta medida evítanse posibles tempos de esperas para ser atendidos, coa finalidade de facilitar a comunicación coa autoridade responsable de protección civil a nivel dos concellos, redundando nunha xestión máis fuída e directa ante as emerxencias.

Do mesmo xeito, dentro do apartado da coordinación destacou o proceso de integración de servizos no edificio do CIAE 112 que experimentou importantes avances durante o ano 2018 coa incorporación de axentes da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma (UPA) no mes de xullo e o posterior traslado a estas instalacións da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 no mes de outubro.

Finalmente, Santiago Villanueva destacou a implantación do protocolo E-CALL que permite comunicar os vehículos que teñan instalado este sistema co CIAE-112 de forma manual polo usuario ou en automático en caso de accidente grave. Tamén se acadaron melloras no servizo a usuarios con discapacidade auditiva, que teñen comunicación co 112 a través da integración dun aplicativo que lles permite comunicarse a través dun teleinterprete.

Comentar noticia

Your email address will not be published.