O Ciclo de primavera da BMP encherá de música o Teatro Principal

O ciclo arranca o 18 de Marzo co concerto “Abrazando ao Minho”, coas solistas portuguesa Tania Esteves e galega Begoña Lorenzo
Por o 13/03/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
O Ciclo de primavera da BMP encherá de música o Teatro Principal

A Banda de Música de Pontevedra (BMP) volverá a encher de arte – co Ciclo de Primavera- as mañáns de domingo no Teatro Principal. Un novo programa que fala “do compromiso, o nivel e a profesionalidade” dos músicos que integran a BMP, segundo subliñou hoxe a concelleira de Cultura, Carme Fouces durante a presentación do ciclo.

Arrancará o domingo 18 de Marzo, ás 12.00 horas co concerto “Abrazando ao Minho” no que se “vai a musicalizar a unión de Galiza e Portugal”, en palabras do director da BMP, Rafael Agulló. Dúas solistas estarán sobre o escenario: a portuguesa Tania Esteves e a galega Begoña Lorenzo.

Será o inicio dun ciclo de primavera que incluirá seis citas musicais, ademais do concerto “Abrazando ao Minho”, os seguintes: “Cidades” con Dextrum Ensemble (cuarteto de saxofóns), o 25 de marzo; “Novos Talentos” en colaboración co Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, o 8 de abril; “Facer as Américas” co director convidado José Rafael Pascual Vilaplana, o 22 de abril; “O sen sentido das guerras”, o 6 de maio e como ramo “Pangea” co artista convidado Abraham Cupeiro, especialista en instrumentos tradicionais antigos.

Todos os concertos serán no Teatro Principal, ás 12 horas e a entrada é de balde.

Calidade, variedade, versatilidade e profesionalidade guían os ciclos musicais da BMP “plagada de músicos moi novos, cun coñecemento profundo” e que “amosan o músculo musical” de Pontevedra.

A concelleira de Cultura e o director da BMP convidan aos veciños e veciñas de Pontevedra a achegarse ao Principal e gozar da mellor música. Será coa chegada do verán cando a Banda de Música de Pontevedra traslade a súa arte as prazas da cidade.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.