O cidade de Lugo gaño a primeira regata provincial

Miguel Fernández e Martina Larroza foron os vencedores en categoría senior.
Publicado por o día 01/05/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

O cidade de Lugo gaño a primeira regata provincial
O Cidade de Lugo, conquistou a vitoria na primeira proba da 9º Liga Deputación de Lugo que se celebrou esta mañá nas instalacións do Piragüismo Cidade de Lugo. Nesta competición participaron preto de 230 deportistas pertencentes aos seis equipos da provincia. A segunda e terceira posición do podio foi para o Club Fluvial de Lugo e o Club Piragüismo Altruán respectivamente.
 
Os triunfos máis destacados a nivel individual foron os de Miguel Fernández e Martina Larroza ambos do Fluvial de Lugo en Kaiak senior, mentres que en canoa a vitoria foi para Luís Guerra do Fluvial de Lugo. Na categoría xuvenil Jorge Massgues e Alicia López do Cidade de Lugo levan o ouro. Pola súa banda en cadetes Ignacio González do Fluvial de Lugo e Enma Devesa do Cidade de Lugo gañaron as súas respectivas probas. Os padeeiros do Bernardo Sánchez (Fluvial de Lugo) e Patricia Jubón (Cidade de Lugo) venceron en veteranos, en canoa Manuel Pociña (Fluvial de Lugo) foi o vencedor.
 
Nas categorías inferiores Alex Santor (San Ciprián) e Alba Baltar (Fluvial de Lugo) foron os vencedores na categoría benjamín, mentres que en Alevín B as medallas de ouro foron para Anxo Fara (Piragüismo Viveiro) e Aitana Parga (Fluvial de Lugo). A categoría Alevín A deixábanos como gañadores a David Alonso (Kaiak Foz) e Emely Fernández (Fluvial de Lugo). Victor Devesa (Cidade de Lugo) e Uxía Ruiz ( Cidade de Lugo) eran os primeiros en Infantil B. Por último en Infantil A Iago García (Kaiak Foz) e Aitana Fernández (Kaiak Foz) levaron o metal dourado, mentres que en C1 infantil Ao gañador foi Pablo Fernández (Fluvial de Lugo)
 
A seguinte competición desta liga será o próximo 16 de Xuño.