O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Lama, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está a desenvolver un obradoiro de habilidades sociais e intelixencia emocional, enmarcado no programa de actividades de fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero con motivo da celebración do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Este obradoiro, que está relacionado coa interacción na nosa contorna e o benestar emocional, conta cunha duración total de 20 horas e impártese os martes na Biblioteca da Lama, en horario de 16:00 h a 20:00 horas. As participantes, a través das indicacións de Romina Goberna, psicóloga en Milego Psicoloxía, aprenden a identificar, comprender e manexar as emocións e sentimentos así como mellorar as relacións interpersoais e a comunicación.
Ademais deste obradoiro, dentro do programa tamén están previstas outras dúas actividades dirixidas ás mulleres do municipio como un curso de defensa persoal que se impartirá o vindeiro sábado, 9 de novembro, e o obradoiro “Técnicas de procura de emprego e emprendemento feminino”, que dará comezo no mes de decembro.
As interesadas que desexen inscribirse poderán facelo de forma presencial nas oficinas do Concello da Lama de luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Para recibir máis información sobre estas actividades tamén teñen á súa disposición o teléfono 986 76 82 38 (ext. CIM).
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.