O CinemAteneo trae este mércores The Act of Killing aos Multicines Norte

Publicado por o día 05/05/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

O CinemAteneo trae este mércores The Act of Killing aos Multicines Norte
O Ateneo Atlántico proxectará este mércores 8 de maio, ás 19:40h nos Multicines Norte, o filme “The Act of Killing”. A película é unha obra híbrida, un documental sobre unha ficción, na que se fai voltar ao pasado aos autores de asasinatos masivos da oposición en Indonesia nos anos 1965 e 1966, para así desnuda-lo presente e as suas conciencias. O traballo foi premiado, entre outros, no Festival de Berlín, nos premios BAFTA británicos e foi nominado aos premios Oscar 2012 na categoría de mellor documental.
No debate posterior a proxección da película contarase coa colaboración dun portavoz de Amnistía Internacional.
O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e 4€ para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas taquillas do cine.

Ficha Técnica:
Título: The Act of Killing
Ano: 2012
País: Dinamarca
Duración: 117 min
Dirección: Joshua Oppenheimer
Guión: Joshua Oppenheimer, Christine Cynn

Sinopse: O director do documental, Joshua Oppenheimer, convence á varios membros dos grupos paramilitares que en 1965 participaron na eliminación de todolos sospeitosos de abraza-lo comunisno en Indonesia, para que filmen xunto a él, non unha película que documente o que aconteceu naqueles días, se non unha completa recreación dos feitos nunha película de ficción.

The Act of Killing
Mércores 8 maio · 19:40h 
Multicines Norte, Vigo
Coa colaboración dun portavoz de Amnistía Internacional
Entrada 3€ [email protected] / 4 € non [email protected]