O Club Amfiv suspende todas as súas actividades ata o próximo 30 de marzo

Publicado por o día 12/03/2020 na sección de Deporte Adaptado,Deportes,Galicia,Vigo

O Club Amfiv suspende todas as súas actividades ata o próximo 30 de marzo

A Xunta Directiva do Club Amfiv, nun comunicado oficial feito público este xoves día 12, anuncia que en vista dos acontecementos e das recentes recomendacións e decisións adoptadas polas autoridades locais e autonómicas decidiu interromper todas as actividades que a entidade tiña previsto desenvolver polo menos ata o próximo 30 de marzo pero con posibilidade de estender esta decisión no tempo se fose necesario.

“Ante as circunstancias coñecidas polo desenvolvemento do COVID-19 e as múltiples advertencias e recomendacións de última hora por parte das autoridades locais e autonómicas, como medida de prevención desde o Club Amfiv tomamos a decisión de cancelar todas as actividades do Club, como mínimo ata o luns 30 de Marzo, podendo ser prorrogable dita data segundo as circunstancias. Polo que nos vemos na obrigación de suspender as actividades que tiñamos fixada tales como adestramentos, partidos, escolas deportivas e visitas a colexios”, reza o comunicado.

A decisión, que desde o club esperan sexa entendida e comprendida por todos dado que se adopta “como medida de prevención cara aos nosos técnicos e xogadores”, inclúe non disputar o partido correspondente á décimo sexta xornada ligueira que debía enfrontar no Pavillón Pablo Beiro ao Iberconsa Amfiv co FDI Las Rozas o vindeiro sábado 28 de marzo. Dado que a FEDDF, segundo as súas últimas comunicacións, mantén en principio inmovible a disputa desa e as seguintes xornadas ligueiras a pesar das circunstancias, o propio comunicado explica que “o noso Club asumirá as posibles consecuencias desta decisión. Con todo, e #ante elas, reservarase o seu dereito para exercer as pertinentes acciones legais que correspondan”.

“Non nos parece que tal e como está a situación non se aprace ou paralice unha competición na que, ademais, xa está practicamente se non todo definido debido a que xa se sabe que catro equipos xogarán a Final Four e a próxima tempada vai ampliar o número de equipos na División de Honra, polo que o descenso tampouco debería de ser un problema”, puntualiza José Antonio Beiro, máximo responsable do club vigués.

Comentar noticia

Your email address will not be published.