O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza por 3ª tempada o Día do Benxamín

Publicado por o día 19/06/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza por 3ª tempada o Día do Benxamín

– 17 equipos participarán no III Día do Benxamín, xuntando preto de 200 nenos e nenas

– Os equipos participantes proceden das delegacións de Vigo, Arousa e Ourense

– Ademáis de baloncesto os nenos e nenas disfrutarán doutras acitvidades e sorpresas

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza o próximo domingo día 21 de xuño do 2015 a Terceira Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

Un total de 17 equipos de categoría benxamín e procedentes das delegacións de Vigo, Arousa e Ourense participarán no III Día do Benxamín que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2014/2015.

Seis do Nadal Masculino “A”, Seis do Nadal Masculino “B”, Seis do Nadal Feminino, un conxunto da Liga LINCO CLASS, Cía María Vigo Mixto, CB Tui Mixto, CB Redondela Mixto, Las Acacias Feminino, Salesianos Vigo Feminino, Porriño Bto. Base Masculino e Carmelitas Mixto, son os once conxuntos da delegación de Vigo que participarán na xornada. Marín Peixegalego Masculino 05, Marín Peixegalego Masculino 06 e Marín Peixegalego Feminino, serán os combinados de Arousa que participarán nesta terceira edición do Día do Benxamín; e CB Allariz Masculino, CB Allariz Mixto e CB Allariz Feminino, serán os equipos que representarán á delegación de Ourense.

O escenario do evento será o polideportivo municipal de Navia no que haberá catro pistas no interior do pavillón. Nestas catro pistas se disputarán 25 partidos de categoría benxamín ao longo da xornada da tarde do día 21 de xuño do 2015 de 16:00 a 20:00 horas.

PRENSA BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA