O club baloncesto Seis do Nadal-Coia súmase á celebración do décimo aniversario de Fobre

Os integrantes do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia poderán coñecer en primeira persoa algunhas das experiencias vitais e profesionais máis inspiradoras do panorama nacional coa súa participación no evento Vivencia, evento que terá lugar o próximo 5 de abril na sede Afundación de Vigo e que servirá como celebración do 10º Aniversario de Forbe.
Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo

O club baloncesto Seis do Nadal-Coia súmase á celebración do décimo aniversario de Fobre

O equipo feminino Sénior de Primeira Autonómica do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia , Forbe Seis do Nadal, mostrou, en representación de toda a entidade, o seu apoio á empresa que colabora co club desde a presente tempada 2018/2019 sumándose ao evento “Vivencia. O valor das experiencias”, que celebra o centro de formación con motivo do seu décimo aniversario.

O director xeral de Forbe, Rubén Domínguez, visitou as instalacións onde adestra habitualmente o club para presentar o evento e convidar tanto as xogadoras e adestradores como aos membros da Xunta Directiva e a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Asegurou que o evento “será unha oportunidade única para que coñezan en primeira persoa as experiencias vitais e profesionais máis inspiradoras do panorama nacional e para poñer en valor aspectos como o espírito de sacrificio, a implicación e o #gozar do camiño en calquera proceso de evolución vital”.

“Vivencia. O valor das experiencias” terá lugar o 5 de abril na Sede Afundación de Vigo e contará coa participación do escritor e director de cinema Albert Espinosa, o autor e inspirador Álvaro Neil, a alpinista Chus Lago, o adestrador de baloncesto Moncho Fernández, a paratriatleta Desirée Vila, o exjugador do RC Celta Borja Oubiña, o concelleiro e profesor Jaime Aneiros e a medallista olímpica Begoña Fernández, entre outros.

Con prazas limitadas, o evento será moderado pola xornalista Paula Montes e contará con relatorios individuais, contido audiovisual e mesas temáticas sobre deporte feminino, cultura, formación e empresas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.