O club deportivo do IES do Barral leva o deporte ás rúas para presentar as modalidades que oferta

Por o 29/03/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas
O club deportivo do IES do Barral leva o deporte ás rúas para presentar as modalidades que oferta

O club deportivo do IES do Barral leva o deporte ás rúas para presentar as modalidades que oferta. En colaboración co concello de Ponteareas, o club convida á veciñanza a coñecer as actividades que oferta no I Festival do Deporte que terá lugar este sábado día 30 a partir das 10:30 horas.

Co obxectivo de que toda a mocidade coñeza a súa oferta, o club realizará demostracións de balde nas que poderán participar todos e todas as que se acheguen ata os Xardíns da Xiralda, na contorna do concello, de 10:30 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 horas no parque da Feira Vella.

Entre os deportes que ofrece este novo club está o xadrez, o billar, o baile moderno, as artes marciais, a petanca e o baloncesto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.