O Club Kayak Tudense terceiro na I Copa de España Sprint

O equipo de Tui conseguiu unha meritorio terceira posición en baixo unhas duras condicións climatolóxicas
Por o 08/04/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
O Club Kayak Tudense terceiro na I Copa de España Sprint
O Kayak Tudense- Axuda Paramos logrou a terceira posición na I Copa de España Sprint Olímpico, segunda competición da liga Hernando Quella, que se disputou no encoro de Trasona (Avilés) esta fin de semana, baixo unhas duras condicións climatolóxicas que dificultaron o devir da competición, a dirección do evento viuse obrigada a suspender varias probas.
 
A clasificación xeral por equipos gañouna o Club Piragüismo Aranxuez con 1114 puntos, mentres que o Náutico Sevilla logrou 952 puntos e o Kayak Tudense 643 puntos.
 
Por outra banda as clasificacións por sexos deixábannos ao Kaiak Tudense en segundo lugar en mulleres senior e o E. P. Cidade de Pontevedra en cuarto posto, así como Piragüismo Rías Baixas noveno e As Torres décimo. Así ben, a xeral sénior masculina termina co Kayak Tudense ocupando o terceiro posto, Piragüismo Vilaboa cuarto, Naval de Pontevedra quinto, Breogán sétimo e Piragüismo Rías Baixas oitavo, completando unha gran actuación galega nesta copa.
 
Durante toda a fin de semana os deportistas galegos demostraron o seu gran potencial logrando numerosas medallas.
 
As finais individuais celebradas o sábado terminaban con sete metais para Galicia, unha de ouro, tres de prata e tres de bronce. O padeeiro do Club Náutico O Muiño Manuel Fontán levaba a vitoria na final de C1 1000 metros da categoría xuvenil. Este triunfo supón unha dobre alegría para o padeeiro de Ribadumia debido a que a regata servía como selectivo para decidir o representante da canoa individual no campionato do mundo, que se vai a celebrar no mes de agosto na cidade romanesa de Pitesti, nesta mesma proba Martín Jácome (E. P. Cidade de Pontevedra) facíase coa medalla de bronce. A outra medalla con acento galego foi a parar ás mans da padeeira da Náutico Ría de Betanzos Irene Latexe que terminaba en terceira posición en K1 500 metros.
 
Polo que respecta á categoría sénior o padeeiro esloveno do Club Náutico Firrete Jost Zakrajsek terminaba en segunda posición en K1, mentres que Sergio Vallejo do Piragüismo Poio era terceiro en C1. As deportistas do E. P. Cidade de Pontevedra Carolina García e Antía Jácome facíanse coa prata en K1 e C1 respectivamente na distancia de 500 metros.
 
Xa pola tarde as finais de embarcacións dobres deparábannos varias alegrías para o piragüismo galego. A categoría sénior empezaba coa terceira posición de Rubén Millán e Pedro Vázquez (Kayak Tudense) en K2 1000 metros, ademais os canoistas do Náutico Rodeira David Barreiro xunto a Pablo Graña lograban a vitoria en C2 por diante da parella do Breogán formada por Diego Romeu e Ton Campos. O K2 feminino de Sara
 
Ouzande e Ana Varela (Kayak Tudense) lograba o segundo lugar sobre a distancia de 500 metros, por outra banda as canoista Jenifer Casal xunto a Antía Jácome (E. P. Cidade de Pontevedra) impoñíanse na final de C2.
 
O K2 xuvenil do Piragüismo Verducido de Joaquín Igrexas e Miguel Paz terminou terceiro do mesmo xeito que a dupla da Náutico Ría de Betanzos de Irene Latexe e Intza Méndez, así como para o C2 de Nuria Rodiño e María da Pena do E. P. Cidade de Pontevedra.
 
Na xornada do domingo disputábanse as finais para as embarcacións de K4 e C4 onde as piraguas do Kayak Tudense e Fluvial de Lugo ocuparon a segunda e terceira posición na distancia de 1000 metros, na final de C4 levaba o ouro a embarcación do Breogán. O barco do E. P. Cidade de Pontevedra facíase co terceiro lugar na final xuvenil.
 
As últimas finais do día serían sobre a distancia de 500 metros onde o cuarteto do Fluvial de Lugo levaba o ouro en K4, mentres que a final feminina terminaba co Kayak Tudense segundo e o Ría de Aldán terceiro. As mozas xuvenís do Kayak Tudense facíanse coa prata.
 
A modalidade de paracanoe tamén deixaba varios metais galegos. Adrián Mosquera (Piragüismo Rías Baixas), Silvestre Bicada (Piragüismo Cambados). Destacando podio completamente galego de Ramón Fernández ( Cidade de Lugo), Jesús Acuña e Marcos Terzado, ambos os do Piragüismo Vilaboa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.