O club Mar Ría de Aldán vence no campionato galego Xogade

O equipo do Morrazo empeza a tempada cunha vitoria na primeira competición da liga galega alevín e benjamín por diante do Náutico O Muiño e Fluvial Allariz.
Publicado por o día 20/04/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

O club Mar Ría de Aldán vence no campionato galego Xogade

Na mañá de hoxe celebrouse no Concello ourensá do Carballiño o I Campionato Galego Xogade de piragüismo para as categorías, pre benjamín, benjamín e alevín. Unha proba na que participaron máis de 300 deportistas pertencentes a 28 equipos.
 
O Club de Mar Ría de Aldán logrou o triunfo ao sumar un total de 4598 puntos, seguido en segunda posición con 3870 puntos polo Club Náutico O Muiño, mentres a terceira praza con 3839 puntos levoulla o Club Fluvial Allariz.
 
As medallas individuais estiveron moi repartidas ao longo da mañá en todas as categorías. A primeira saída foi para os homes Pre benjamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Fabio García (As Torres), seguido por Ero Fernández (O Muiño) e Eduardo Miguéns (Piragüismo Portonovo). Na clasificación feminina a vencedora foi Carla Jartín (Cidade de Lugo).
 
Os seguintes en participar foron os homes Benjamín, categoría na que levou a medalla de ouro Lucas Díaz (Piragüismo Olívico) a prata sería para Brais Chapela (Ría de Aldán) e o bronce levaríallo Anxo Estévez (Kayak Vigo). Pola súa banda, Candea Alonso (Piragüismo Olívico) gañou a proba en mulleres por diante de Inés de la Fuente (Kayak Vigo) e Lucía Macedo (Kayak Tudense-Axuda Paramos).
 
Sería Gael Bernal (Piragüismo Verducido) o campión masculino da categoría Alevín B, chegando a meta por detrás del Diego Feijoo (Kayak Tudense-Axuda Paramos) e Hugo Méndez (Cabanas KDM). Sofía Para (Piragüismo Cambados) levou a vitoria na categoría feminina, mentres que Karla Enriques (Kayak Tudense-Axuda Paramos) e Saray Guilbert (Ribeiras do Tambre) ocuparon o segundo e terceiro lugar do podio.
 
As dúas últimas competicións foron para as mulleres e home Alevíns A, ocupando as tres primeiras posicións do podio feminino Natalia Moreira (E. P. Cidade de Pontevedra), Aroa Rodríguez (Ría de Betanzos) e Alicia Otero (E. P. Cidade de Pontevedra). A carreira masculina gañábaa Manuel Ruibal (Náutico Pontecesures), mentres que a segunda e terceira posición foi para Daniel Torres (Piragüismo Portonovo), e Teo Fraga (Cabanas KDM).