O Club Montaña Quixó campeón de España en Sabero

Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

O Club Montaña Quixó campeón de España en Sabero

A pasada fin de semana celebrouse na canle de Augas Bravas de Sabero-Alejico, situado no Río Esla, o Campionato de España de descenso de Augas Bravas.

A última competición da liga Nacional de Augas Bravas deixábanos unha gran actuación dos equipos galegos desprazados a terras leonesas.

O sábado disputáronse as probas correspondentes á categoría de novas promesas terminando o campionato co Club Montaña Quixós en Primeira posición, seguido polo Fluvial O Barco e o Sicoris Club. O domingo finalizaba o campionato co Fluvial O Barco clasificado en segundo lugar e o Montaña Quixós terceiro, a vitoria levaríalla o Sícoris Club. Estas mesmas posicións son coas que termina a liga nacional de descenso.