O Club Xadrez Mos comeza con bo pé a súa andadura na Liga Galega de Clubs 2019

A competición autonómica iniciouse a pasada fin de semana
Por o 29/01/2019 | Sección: Galicia,Mos
O Club Xadrez Mos comeza con bo pé a súa andadura na Liga Galega de Clubs 2019

Un total de 9 equipos formados por 69 xogadores e xogadoras de todas as idades representan ao Xadrez Mos nas categorías de Segunda e Terceira División Autonómica da Liga Galega de Clubs.

O pasado sábado, 26 de Xaneiro, deu comezo unha nova edición da Liga Galega de Xadrez, que se disputará ao longo dos meses de Xaneiro, Febreiro, Marzo e Abril. Xogará un papel crucial no crecemento de todos os xogadores do Club Xadrez Mos a incorporación do Mestre Fide Miguel Senlle Caride. Desde un inicio vinculado ao Club mosense, sendo partícipe das dinámicas de adestramento realizadas cos nosos mozos e mozas ao longo dos últimos anos. E finamente, nesta tempada 2019, chega a incorporación ás filas do Xadrez Mos A impulsando a motivación e ilusión de todos os xogadores.

Tres equipos representan ao Club mosense en Segunda División tras o ascenso do Xadrez Mos C a tempada pasada. E seis farano en Terceira División. Un incremento notable no número de equipos en Liga Regular, pasando de 6 na Tempada 2018 a 9 na presente. Isto débese á cantidade de equipos presentados á Liga de Promoción de Cuarta División na tempada 2018, na que moitos dos pequenos da escola mosense introducíronse á competición, dando o salto definitivo á competición regular nesta nova tempada.

SEGUNDA DIVISIÓN – GRUPO E

XADREZ MOS A 3 – 1 XADREZ MOS B

O Xadrez Mos A impónse no duelo local, situándose como colíder da clasificación tras a primeira xornada.

1. Antonio Álvarez Pampillón 1 – 0 Pedro Glez. Fernández
2. Miguel Senlle Caride 1 – 0 Paula Toucedo Morgadas
3. Brais Otero Nogueira 1 – 0 Iker Carrera Pérez
4. Xabier Pérez Sousa 0 – 1 Carla Ramírez Senlle

SEGUNDA DIVISIÓN – GRUPO F

BENCHOSHEY FISCHER 2 – 2 XADREZ MOS C

O Mos C firma un empate no seu desprazamiento a Ourense, bo debut para os recén ascendidos.

1. Gabriel Alcalde Sosa 0 – 1 Miguel Ángel Dapia Silva
2. Benjamín Diéguez Novoa 1 – 0 Javier Otero Seijo
3. Iván Martínez García 1 – 0 Fernando García Alonso
4. Carlos Godoy Rodríguez 0 – 1 Jesús Álvarez Fernández

TERCEIRA DIVISIÓN – GRUPO K

XADREZ MOS H 0 – 4 XADREZ MOS D

O Xadrez Mos D presenta a súa candidatura á loita polo ascenso a segunda división tras impoñerse pola máxima no duelo local fronte ao Mos H, equipo debutante na competición.

1. Lucía Vieito Pérez 0 – 1 Gonzalo Bastos González
2. Sandra Sousa Fernández 0 – 1 Joaquín Cuña Moreira
3. J. Carlos Represas Bastos 0 – 1 Sergio Pérez Estévez
4. Paco Domínguez Rodríguez 0 – 1 Luis Román Chaves

EXP CVCV VALLADARES 2.5 – 1.5 XADREZ MOS F

Derrota pola mínima do Xadrez Mos F no seu desprazamento a Valadares.

1. Antón González Piñeiro 1 – 0 Alicia Rodríguez Velasco
2. Alejandro Alves Costas 0.5 – 0.5 Salma Godoy Bouzón
3. Pablo Alonso Armada 1 – 0 Xabier Fernáandez Ledo
4. Alba González Piñeiro 0 – 1 Brais Toucedo Vila

TERCEIRA DIVISIÓN – GRUPO L

XADREZ MOS E 4 – 0 XADREZ MOS G

O Xadrez Mos E imponse de xeito contundente fronte a un Xadrez Mos G moi prometedor, formado por xogadores cunha idade media de 6-7 anos, que sen dúbida, dará moitas alegrías no futuro.

1. Alexandre Rodríguez Vieito 1 – 0 Maia Pérez Sousa
2. Carmen Gallardo García 1 – 0 Carlos Pérez Méndez
3. Mario Bastos González 1 – 0 Saúl Costas Senlle
4. Pablo Domínguez Escudero 1 – 0 Begoña Lage Fdez.

XADREZ PONTEAREAS A 2.5 – 1.5 XADREZ MOS I

Derrota pola mínima no seu desprazamento a Ponteareas doutro equipo debutante, o Xadrez Mos I.

1. Alain Raúl Rdguez. Muñoz 0.5 – 0.5 Antía Toucedo Morgadas
2. Carlos Costal Fernández 1 – 0 Daniel Martínez Crespo
3. Xoan Otero Carrera 1 – 0 Segundo Lage Otero
4. Jose Antonio López Arias 0 – 1 Raúl Villar Alonso

O vindeiro sábado 2 de febreiro continúa a competición. Un total de 8 equipos xogarán como locais no Dotacional de Torroso, mentres que o Xadrez Mos A desprazarase ata A Guarda para enfrontarse ó Albatros B.

Comentar noticia

Your email address will not be published.