O colectivo de traballadores sociais respalda as propostas incluídas no novo modelo de atención primaria

Esta aceptación por parte do persoal de servizos xerais engádese ao respaldo manifestado en días pasados polas categorías profesionais de enfermería, fisioterapia e o persoal de servizos xerais
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Sanidad

O colectivo de traballadores sociais respalda as propostas incluídas no novo modelo de atención primaria

O colectivo de traballadores sociais que participaron nos grupos de traballo de mellora da atención primaria expresaron o seu respaldo ás propostas recollidas no documento presentado pola Administración sanitaria galega. Así o ratificaron no marco das reunións que a Consellería de Sanidade continúa a realizar para a elaboración do novo Plan. Sanidade decidiu incluír preto do 80%, 31 das 39, alegacións presentadas por este colectivo.

Os representantes do Sergas reuníronse o pasado venres co colectivo de traballadores sociais co obxectivo de analizar as alegacións propostas por estes profesionais ao borrador do novo modelo de atención primaria.

Sanidade lembra que o Plan é un documento aberto e o obxectivo é contar co maior consenso e construír este novo modelo coa participación de todos. Neste senso, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña segue a traballar na mellora da atención primaria coa realización de reunións de forma que sexan os propios profesionais quen acheguen solucións ao modelo de atención primaria para os próximos anos.

Esta aceptación por parte dos traballadores sociais engádese ao respaldo manifestado en días pasados polas categorías profesionais de enfermería, fisioterapia, e servizos xerais, e que definen o novo modelo de atención no primeiro recurso asistencial, establecendo un proxecto de atención coordinada entre todos os profesionais da atención primaria.