O colectivo Vigo Sen Bombeiros cualifica de insuficiente as novas oposicións anunciadas hoxe

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

O colectivo Vigo Sen Bombeiros cualifica de insuficiente as novas oposicións anunciadas hoxe

O Concello de Vigo anuncio no día de hoxe novas oposicións, con 258 prazas de emprego público entre elas 6 prazas de bombeiros 2 de condutor bombeiro e 3 de sarxento.

O colectivo Vigo Sen Bombeiros manifestan que “o problema o seguiremos vivindo día día nos parques de bombeiros de Vigo. Agora mesmo entre baixas e vacacións hai 46 bombeiros operativos” manifestan.

“Con esta oferta de prazas permanecemos nunha situación atafegante, no canto de 38000 horas extras quizais se farán 30.000 sen contar aos compañeiros que lles chega a xubilación” denuncian e finalizan “totalmente insuficientes”.