O Colectivo Vigo Sen Bombeiros faise escoitar e ver no pleno municipal

Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Colectivo Vigo Sen Bombeiros faise escoitar e ver no pleno municipal

Carmela Silva, presidenta en funcións do pleno, tras cancelar e non debater unha mocion do BNG sobre a situación do corpo de bombeiros da cidade, o colectivo Vigo Sen Bombeiros que aí se atopaba no publico levantouse das cadeiras os berros “iso non se puiden permitir!” “a falta de seguridade na cidade tan fermosa e tan morta!” “vivides nunha mentira cando espertedes ides ver!”.

Carmela Silva seguía narrando porque non se debatía sobre a moción presentada polo BNG, “explicación regulamentaria por parte do secretario do pleno que é a máxima autoridade do pleno que por tanto non dá lugar a cuestión de orde dese tema”, de seguido o concelleiro do BNG Xabier Igrexas interpúxose alegando “esta vulnerando o artigo 63.4 do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Vigo”.

Que di o artigo 63.4?

Artigo 63. Mocións de control.Os grupos municipais poderán presentar no Rexistro do Pleno unha soa Moción de urxencia no suposto de acontecementos relevantes que tiveran lugar no período comprendido entre o día da convocatoria do Pleno e o día seguinte; no escrito de Moción xustificarase a urxencia, a Presidencia, antes de comezar o debate, someterá á consideración do Pleno a urxencia alegada, de non apreciase non haberá debate.

O Colectivo

O colectivo volveu gritar “non tedes vergoña!” “non tedes puta vergoña!” “haber que lles dicides aos vigueses cando espertedes desta mentira” “se mañá arde unha casa dicirlles porque hai mortes!” “vivindo nunha mentira!” “se vos arde a casa, a ver quen a vai apagar!” “xa espertardes” ” dais vergoña!”, tras eses berros o colectivo marchou da sesión plenaria do Concello de Vigo.Cando o colectivo estaba a marcharse do pleno entregarón aos xornalistas alí presentes un comunicado.

O Comunicado

O Comité de Folga, órgano representativo que ven a mediar no conflicto actual con Concello de Vigo, acaba de denunciar os seguintes feitos ante a Inspección de Traballo:

•Incumprimento reiterado das dotacións mínimas, rara é a garda na que se cubren os 20 efectivos.

•Substitución dos funcionarios de carreira por funcionarios en prácticas, ilegal e gravísimo poñer en risco ó persoal de novo ingreso sen formación, ós compañeiros e ó cidadán, todo por cumplir coa dotación mínima.

•Omisión de protección ós traballadores afectados polo decreto de mínimos durante a folga, ordeando a retirada dos carteis que os membros do Comité de Folga colocaron nos vehículos.

•Non respetar os tempos de descanso de forma reiterada, obrigando ós traballadores a realizar ata 4 gardas -de 24 hrs- en 7 días ou 5 gardas en 9 días, irresponsabilidade supina.

•Poñer en perigo ás dotacións e ós cidadáns, obrigando a bombeiros sen a formación específica a realizar funcións de xefes de saída e ata de xefes de parque, de forma continuada.

Esta corporación segue sen entender a gravidade do que está a acontecer no servizo de bombeiros, e a cada medida que toman, máis ó fondo meten a pata.

Siguen xogando coa baza da fortuna, aquí non pasa nada…..ata que un día pase.

Non será porque non llo advertimos.

Pedimos que a corporación actúe de forma responsábel XA.

A moción do BNG

A moción nacionalista inclúe catro propostas de acordo. A primeira é instar o Goberno municipal a constituír de maneira urxente e inmediata unha Mesa de Negociación co Comité de Folga para resolver o conflito laboral que motivou a folga indefinida, iniciada o pasado 14 de agosto, atendendo as súas xustas reivindicacións. A segunda demanda a apertura dun proceso de negociación para consensuar a aplicación do decreto de permanencia, que non comprometa a operatividade do servizo e que garanta os dereitos laborais e a seguridade dos traballadores/as. En terceiro lugar reclaman executar coa maior celeridade e garantía as OPE pendentes, e  procurar e aplicar as fórmulas legais que permitan reforzar no inmediato o Corpo de Bombeiros/as co número de efectivos necesarios para atender as necesidades da cidade.Por derradeiro, o Bloque demanda que Goberno municipal dea conta no vindeiro Pleno (a finais do mes de setembro), a través dun informe detallado da Concellaría de Seguridade, do número de xornadas desde o 1 de xaneiro até a actualidade, nas que non se cumpriu o mínimo de 20 efectivos operativos, e permita o acceso dos concelleiros e concelleiras da Corporación aos cuadrantes de servizo para a súa consulta e cotexo.“Con esta moción queremos que o Pleno desbloquee esta situación insostíbel e que se garanta a seguridade na nosa cidade”, resumíu Igrexas.

O Colectivo

O Colectivo Vigo Sen Bombeiros leva 21 días da folga indefinida, iniciada o pasado 14 de agosto.