O Colectivo #VigoHistórico ofreceu este sábado un roteiro polo casco Vello repasando a historia de Vigo

Publicado por o día 09/03/2020 na sección de Galicia,Vigo

O Colectivo #VigoHistórico ofreceu este sábado un roteiro polo casco Vello repasando a historia de Vigo

Ao redor de 500 persoas que asistiron descubriron o vasta e denso que é o noso pasado, as civilizacións que se asentaron na nosa vila e as que pasaron por aquí. Fenicios, Castrexos, Romans, Viquingos, Piratas, Franceses, nazis… O Casco vello é testemuña de todas elas.

Dende a Praza do Rei, Castelo de San Sebastián, Abeleira Menendez, Pinacoteca, Calatrava, Argëlles, Elduayen… Un percorrido cheo de anécdotas e feitos relevantes que forxaron o que é Vigo hoxe en día.

Mostraronse edificios que se perderon, construcción que se están a perder, e espazos que están ameazados por proxectos actuáis, como o túnel, no que so se vai realizar control arqueolóxico do primer metro e medio dende o solo, co risco que elo supón para xacementos arqueolóxicos, ou da propia muralla.

O obxectivo, ademáis de divulgar a importancia da nosa vila, foi dar a coñecer a historia e o patrimonio de Vigo para defendela da súa destrucción a mans do urbanismo, e da ameaza máis apremiante: o proxecto de contrucción de túnel que está a comezar. Porque o que se pode devaluar ou estragar so se valora si se coñece. Mostrar que o Casco Vello, declarado BIC no seu conxunto, ten que permanecer invariable sen cambios sustanciais para non perder a nosa indentidade.

A historiadora Bea Cebrián realizou pequeno repaso por lugares e recunchos fermosos e emblemáticos, espazos que gardan a nosa historia viva. E outros que posiblemente esteamos a piques de perder baixo a pala das excavadoras, por non coñecer a súa existencia.