O Colegio Hogar Afundación inicia a súa XIV Semana Técnica para achegar ao seu alumnado á realidade laboral

Desenvolverase entre o 25 e o 28 de xaneiro e contará coa participación de profesionais de 20 empresas de toda España
Publicado por o día 22/01/2021 na sección de Galicia,Vigo

O Colegio Hogar Afundación inicia a súa XIV Semana Técnica para achegar ao seu alumnado á realidade laboral

O Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación acollerá a vindeira semana, do 25 ao 28 de xaneiro, a súa XIV Semana Técnica (SETEC) na que participarán profesionais de máis de 20 empresas de toda España, co obxectivo de poñer aos seus estudantes en contacto coa realidade laboral. Debido ao actual contexto sanitario provocado pola COVID-19, o programa desenvolverase nesta edición integramente de forma telemática para garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Reparación de dispositivos electrónicos, visión artificial, prevención de riscos no sector naval, robots colaborativos, ICT e fibra óptica, homologacións de soldaduras, deseño completo de acuñes, imaxe corporativa e oportunidades de negocio no sector gráfico son algúns dos contidos que se desenvolverán nos relatorios e demostracións progra-madas para as catro xornadas da SETEC.

O programa inclúe, ademais, actividades de temática xeral que se centrarán no acceso ao mercado laboral, o autoemprego e a motivación emprendedora. Así mesmo, duran-te a Semana Técnica, cada departamento do centro organizará unha serie de relato-rios, exposicións e demostracións, vía telemática nesta ocasión, levadas a cabo por recoñecidas empresas e profesionais do ámbito industrial, que terán lugar o luns 25 e o xoves 28 de xaneiro. O obxectivo desta proposta é facilitar a incorporación á vida laboral e ofrecer unha visión clara e veraz do contexto que van atopar os futuros graduados. Esta iniciativa pon de manifesto o compromiso do centro por ofrecer unha formación de calidade humana e técnica, onde escola e empresa teñen que colaborar para formar aos técnicos do futuro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.