O Colexio Monterrey representará á Galicia en Madrid no programa “PÁRATE A PENSAR”

Publicado por o día 24/04/2014 na sección de Vigo

O Colexio Monterrey representará á Galicia en Madrid no programa “PÁRATE A PENSAR”

O próximo 14 de maio, mércores, celebrarase en Madrid unha xornada do Programa de educación en valores “Párate a pensar” de Aldeas Infantís SOS. O acto terá lugar no Consello da Xuventude de España, baixo o título “Os mozos e a familia do século XXI”. O obxectivo é dar voz e promover a participación dos mozos en torno aos temas que preocupan á sociedade.

Para tal evento está convocado un centro educativo de secundaria de cada Comunidade Autónoma. O colexio Monterrey foi elixido como o representante da Comunidade Autonómica Galega.
Cada alumno/a das 17 Comunidades Autonómicas levará un texto coas reflexións elaboradas previamente, xunto cos seus compañeiros, sobre “Que é a familia para nós”.

O día da Xornada formaranse grupos de traballo para unificar e consensuar as propostas, con todos os alumnos das distintas Comunidades. Despois do xantar, a primeira hora da tarde, farase unha rolda de prensa para trasladar aos medios de comunicación os resultados dos debates e as propostas dos mozos.

PRENSA COLEXIO MONTERREY