O Combo Dominicano arrasa nun multitudinario fin de Festa en Ponte Caldelas

“El meneíto tour” do Combo Dominicano arrasa no broche de ouro das Festas das Dores en Ponte Caldelas. Unha verbena de nove horas que pechou o seu telón ás oito da mañá
Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

O Combo Dominicano arrasa nun multitudinario fin de Festa en Ponte Caldelas

“El meneíto tour” do Combo Dominicano deixa pegada en Ponte Caldelas. Milleiros de persoas asistiron a este cita que pon o punto e final as Festas das Dores deste 2019. O Combo Domincano estivo acompañado por La Oca Band e Nevada  Band e non é para menos, cabe lembrar que a verbena dos martes das Festas das Dores dura ata as oito da mañá. Son en total nove horas de música en directo que a xente vive con intensidade, alegría e aguante. Xa que a gran maioría dos asistentes resisten as nove horas de baile para tomar, tal e como manda a tradición, o chocolate con churros. Algo que poden facer sen problema os veciños de Caldelas posto que o mércores, trala verbena de 9 horas, é festividade local.

O Combo Dominicano puxo a bailar aos milleiros de asistentes con temas tan propios como “El meneíto” (tema que protagoniza o nome da xira deste ano) ou tamén co seu éxito “La cucaracha”. O baile foi, durante o seu espectáculo, un dos grandes protagonistas xunto coas coreografías e o vestiario.

O Combo Dominicano interpretou o seus temas máis exitosos ademais de versionar cancións do momento que, coma sempre, adaptaron aos seus ritmo de merengue, bachata e cumbia. Ritmos, todos eles, cos que este grupo ten como fin “facer bailar ao público cada noite”, e en Caldelas conseguírono con creces.

O Combo Dominicano , La Oca Band e Nevada Band puxeron o broche de ouro a unhas exitosas festas das Dores. Tralo Día do Neno, que se celebrará mañá mércores 28, o alcalde de Ponte Caldelas fará un balance destas Festas das Dores.

De momento, tal e como confirma o alcalde, ainda queda un día de festa destinado aos pequenos da casa. O mércores 29 pequenos e mozos poderán desfrutar do Día do Neno coa atraccións infantís das festas a prezo reducido a partir das 17:00.

Neste senso o alcalde de Ponte Caldelas tamén quixo lembrar que as fichas de cortersía, que os propietarios das atraccións lle dan ao concello, se lle entregaron a 54 nenas e nenos pertencentes a familias en risco de exclusión social, unha medida que Díaz considera “necesaria co fin de que estas familias desfruten das festas en igualdade e sen discriminacións”.

O alcalde de Ponte Caldelas ten claro que unha das claves do éxito destas Festas das Dores é porque “en Ponte Caldelas, os que nos visitan, séntense coma na casa, somos un pobo acolledor, e a diversión e bo ambiente durante estes días está máis que garantido”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.