O Cometa de Vitrasa volve percorrer os barrios de Vigo

Por o 30/10/2018 | Sección: Galicia,Vigo
O Cometa de Vitrasa volve percorrer os barrios de Vigo
Compartir en:

O Cometa volverá percorrer os barrios de Vigo. O Bus Histórico de Vitrasa visitará nesta segunda fase novos barrios da cidade. Dende onte luns 29 de outubro e ata o vindeiro mércores 7 de  novembro, o Cometa estará en Coia, Lavadores, Zamáns, Cabral, Beade, Bembrive, Candeán, Matamá, Sárdoma e Comesaña. Estes son os días e horarios nos que estará en cada barrio:

• Martes, 30 de outubro de 12.00 a 14.00 horas: Zamáns (CUVI-Praza Miralles)
• Martes, 30 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Beade (AAVV)
• Mércores, 31 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Bembrive (AAVV)
• Venres, 2 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Matamá (AAVV-Abanca)
• Sábado, 3 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Comesaña (Igrexa)
• Luns, 5 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Cabral (Mercado-rotonda rúa Tranvía)
• Martes, 6 de novembro de 12.00 a 14.00 horas: Coia (Alcampo)
• Martes, 6 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Lavadores (Escola de Idiomas)
• Mércores, 7 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Sárdoma (rotonda Miraflores)

Os veciños poderán subir ao bus e coñecer en primeira persoa como eran os primeiros vehículos que circulaban por Vigo hai 50 anos. Poderán facerse fotografías e ademais, recibirán un folleto explicativo coa historia da empresa.

Hai aproximadamente un mes, o Bus Histórico de Vitrasa percorreu outros barrios da cidade, principalmente do centro de Vigo e nesta ocasión o obxectivo é que os barrios máis periféricos da cidade poidan disfrutar tamén desta iniciativa.

Esta actividade enmárcase no 50 Aniversario de Vitrasa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.