O comezo das festas de Bouzas deste ano comezou con 56 coches afectados no incendio de Bouzas

Dos 56 coches 16 quedaron “totalmente calcinados”
Por o 23/07/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
O comezo das festas de Bouzas deste ano comezou con 56 coches afectados no incendio de Bouzas
Compartir en:

Un voraz incendio nun depósito de coches situado no porto de Bouzas (Vigo) augou a noite do venres aos asistentes aos festexos do municipio. Todo empezou cun lume nun dos vehículos, listos para comercializarse, que de inmediato se propagou ata afectar a máis de medio centenar de unidades. Dezaseis deles quedaron totalmente calcinados a pesar da rápida actuación dos efectivos de Bombeiros e o resto sufriron danos de consideración que impiden a súa saída ao mercado. Segundo as cifras que manexa a Autoridade Portuaria, os danos xerados polo lume roldan o millón e medio de euros, tendo en conta que o valor de cada un dos coches afectados achegábase aos 30.000 euros. Dos 56 coches 16 quedaron “totalmente calcinados”.

A Garda Civil inspeccionou o domingo á mañá os vehículos que resultaron incendiados no recinto da zona franca, a investigación está aberta para pescudar as causas e depurar presuntas responsabilidades.

A hipótese deste voraz incendio barállase que foi por mor das bombas de palenque que se empregan para anunciar o comezo das festas xa que na zona apareceron numerosas baleas, baleas que son empregadas para este tipo de artefacto pirotécnico. O presidente da Autoridade Portuaria asegurou que os artificieiros se meteron dentro da terminal nun «terreo peonil» con acceso «restrinxido», a «20 metros dos coches», e empezaron o espectáculo pirotécnico. «Con tan mala fortuna» que o «vento» arrastrou as baleas das bombas cara aos automóbiles e «prenderon lume». Ademais, López Veiga insiste en que os responsables da pirotecnia «non tiñan ningún permiso para estar alí». Por iso e por «a súa actitude intolerable», o porto asegura que «emprenderá accións legais» contra eles, xa que «as persoas que manexan este tipo de material, saben que non poden utilizalo a 20 metros de automóbiles».

López Veiga sinalou que existe un seguro (ben a nome da comisión de festas ou a nome da empresa pirotécnica) que cobre «perdas de ata dous millóns de euros».

Comentar noticia

Your email address will not be published.