O comité cidadán “Nós tamén somos Grecia” chama o pobo de Vigo a mostrar a súa solidariedade co pobo grego

Por o 02/07/2015 | Sección: Vigo
O comité cidadán “Nós tamén somos Grecia” chama o pobo de Vigo a mostrar a súa solidariedade co pobo grego
Compartir en:

Nas eleccións de xaneiro de 2015 o pobo grego votou un programa contra a austeridade e pola reestruturación da débeda. O goberno de Siryza negociou coa Comisión Europea unha solución que permitise derrotar a austeridade e recuperar o crecemento económico e os dereitos das traballadoras á negociación colectiva, das pensionistas a unha vida digna e do pobo grego no seu conxunto á dignidade e a democracia fronte aos poderes financeiros e a Troika.

Mais, a maioría neoliberal existente na Unión Europea fixo imposíbel un acordo aceptábel. Diante desta chantaxe o goberno grego decidiu que sexa o pobo o que decida se acepta ou rexeita a última oferta recibida. O goberno de Siryza chama a votar NON.

O combate pola democracia do pobo grego é o máis importante, en Europa, nas últimas décadas. O que está en xogo é se nas sociedades europeas mandan os pobos ou o capital financeiro e as organizacións da gran patronal.

Convocatoria de concentración cidadá en apoio ao pobo grego.

LUGAR: escaleiras do MARCO.

DÍA: 3 de xullo, venres.

HORA: 8 da tarde.

O comité cidadá Nós tamén somos Grecia está formado por forzas sociais, sindicais e políticas da nosa cidade e numerosas cidadás a título individual.

PRENSA NÓS TAMÉN SOMOS GRECIA