O comité de árbirtros de fútbol sala en Vigo comeza a captación de árbitros e árbitras

Por o 20/08/2019 | Sección: Deportes,Fútbol Sala,Galicia,Vigo
O comité de árbirtros de fútbol sala en Vigo comeza a captación de árbitros e árbitras
Compartir en:

A delegación do Comité de Árbitros de Fútbol sala en Vigo comeza a captación de árbitros e árbitras, para a tempada próxima. Coa intención de comezar a traballar desde xa coas novas incorporacións arbitrais, pon ao dispor de todo aquel interesado, a Delegación da RFGF en Vigo en Manuel de Castro 40 e o correo electrónico vigo.arbitrosfutbolsala@futgal.es.

Os dous únicos requisitos para inscribirse no novo curso de aspirantes son as ganas e ter cumprido 14 anos. A partir de aí, poderás acceder a un curso de formación e comezar a dirixir encontros da Tempada 2019/20.

O CTA fornecerá aos cursillistas, de todo o material didáctico para a realización do curso, así como unha vez aprobado o mesmo, entregaráselle o equipamento correspondente e tamén se lles dará de alta na mutualidad para cubrir calquera lesión que puidese orixinarse no trascurso dos partidos que arbitran.

Só tes que enviarnos o teu nome e apelidos, teléfono e correo electrónico a esta dirección de correo: vigo.arbitrosfutbolsala@futgal.es.

Comentar noticia

Your email address will not be published.