O comité de empresa de Vitrasa plantease volver ás mobilizacións case un ano despois de que se asinase o acordo

Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Galicia,Sindicatos,Vigo

O comité de empresa de Vitrasa plantease volver ás mobilizacións case un ano despois de que se asinase o acordo

O comité de empresa de Vitrasa plantease volver ás mobilizacións case un ano despois de que se asinase o acordo coa concesionaria do transporte público urbano de Vigo, sen que se cumpriu a maior parte do pactado. “O principal problema laboral seguen sendo as eventualidades, as horas extra e os descansos en todas as liñas, que a día de hoxe non se solucionaron. Si que se efectuaron algunhas contratacións indefinidas, pero non as suficientes para evitar as horas extra dos condutores. Coas que realizamos, daría para contratar polo menos a outros 30 choferes. Estas xornadas vanse cubrindo con eventuais en rotacións de seis meses de contrato e un ano ao paro, sen contemplar sequera unha orde de antigüidade á hora de chamalos”, denuncia Fernando Pérez, vicepresidente do comité de empresa por USO.
 
A sección sindical de USO destaca que “o compromiso da empresa en 2018 era insuficiente, tal e como denunciamos desde USO e CIG, que non o asinamos, pero é que non están a cumprir nin iso: non se está garantindo o descanso en todas as liñas despois de remodelar as liñas, e iso atenta directamente contra a nosa seguridade e a de todos os pasaxeiros”. Co paso deste ano, ademais, engadíronse novas problemáticas, ás que Vitrasa tampouco dá solución: “coa implantación do rexistro de xornada, a empresa está a negarse a compensar as horas de atraso nos cambios de quenda no da mañá e a solicitalas por escrito cando é na quenda de noite, a pesar de que se realiza ese rexistro. E tampouco están a dar solución, tanto Vitrasa como o Concello, ás implicacións de seguridade que entraña a incorporación do carril bici compartido co autobús urbano”, continúan expoñendo os delegados de USO.
 
Ademais, persisten os incumprimentos en materia de igualdade e saúde laboral: “o plan de igualdade segue caducado desde 2014; nalgún compoñente do uniforme si se cambiou o tecido, pero segue sen ser o adecuado para a pel; e só colocouse un váter químico nunha das cabeceiras, deixando o resto de servizos hixiénicos pendentes sen executar e que ascendían a dez”, explican.
 
Por último, Fernando Pérez quere lanzar unha mensaxe á cidadanía, “a principal afectada se finalmente temos que ir á folga, pero tamén a principal afectada da falta de seguridade no servizo. No conxunto das nosas reclamacións, hai unha problemática unicamente do persoal, pero a maioría delas débense aos riscos que entraña a falta de prevención para os condutores, que pode reverter na seguridade de toda a circulación da nosa cidade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.