O comité de Endesa denuncia o “desmantelamento camuflado” da central das Pontes

A empresa non puido atender a demanda de REE pola falta de persoal para activar os grupos

O comité de Endesa denuncia o desmantelamento camuflado que está a levar Endesa na central térmica das Pontes, que ficou en evidencia tras reclamar REE os grupos pola alta demanda de enerxía a causa do temporal, que non puideron ser postos en marcha pola falta de persoal,  tendo que declarar a empresa indispoñibilidade.

A pesares da falta de mantemento pola redución de persoal, explica o comité, están dous grupos en funcionamento “grazas a experiencia, capacidade e profesionalidade dos traballadores e das traballadoras”. Engaden que “se non fora pola polo recorte de persoal podería estar algún grupo máis producindo electricidade”.

Para a representación social, o acontecido estes días reflicte que a empresa acometeu esta drástica redución de persoal con todos os grupos dispoñíbeis “amparándose en que non ían ser reclamados para a súa produción. Unha vez máis queda en evidencia a penosa planificación por parte da empresa cando os grupos foron reclamados por REE e houbo que declarar indispoñibilidades. Isto confírmanos que o desmantelamento empezou polo capital máis importante, os traballadores e as traballadoras”, advirte o comité.

A empresa solicita a reincorporación de persoal trasladado

Neste senso, subliñan que os traballadores e traballadoras, tanto da principal como das auxiliares, son imprescindíbeis para un mantemento e funcionamento axeitado das instalacións. E apuntan aos problema de seguridade que se poden dar polo ritmo de traballo “enormemente exixente e baixo condicións de presión.

De feito, o persoal ten que prolongar a súa xornada laboral e incluso se dan situacións tan rocambolescas como que Endesa, par suplir a falta de efectivos, solicitou reincorporacións de persoal que estaba de permiso previo á xubilación ou que xa se incorporara no seu novo destino. Por iso, dende o comité salientan que “todo este persoal (sen esquecer aos compañeiros do Porto de Ferrol) é imprescindíbel e non merece ‘o premio’ de ir ao paro ou ser trasladado forzosamente a outros destinos”.

Dende o comité tamén valoran tomar medidas legais polo acontecido a causa do desmantelamento de persoal, xa que os traballadores/as actuais “vémonos obrigados e coaccionados á realización de traballos e horarios extra par cumprir os compromisos de Endesa”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM