O comité de Vitrasa mobilízase contra a situación dos seus traballadores

Publicado por o día 20/09/2018 na sección de Galicia,Vigo

O comité de Vitrasa mobilízase contra a situación dos seus traballadores

O comité de empresa de Vitrasa, empresa concesionaria do transporte urbano de Vigo, composto por USO, CCOO, UXT e CIG, iniciou hoxe mobilizacións, cunha concentraron fronte á sede da empresa, que se retomarán o próximo 27 de setembro.

Por unha banda, o comité denuncia que a empresa utiliza traballadores eventuais en rotación para cubrir postos de traballo fixos, evitando así o pago da antigüidade e asegurándose a disposición absoluta dos traballadores para realizar calquera servizo, incumprindo o convenio ou estatuto. “Esta situación de inseguridade, quedou demostrada recentemente cando a empresa prescindiu dun traballador que levaba concatenando seis anos de contratos eventuais”, denuncia Fernando Pérez, da Sección Sindical de USO en Vitrasa.

Ao exceso de temporalidade, súmanse xornadas abusivas que exceden o cómputo de horas e que, ademais, abónanse fóra de convenio; horarios de percorridos obsoletos que non se adecuaron ás novas condicións e características da cidade de Vigo, sendo moi frecuentes os atrasos no servizo e a desaparición de tempos de descanso para os traballadores; a falta de baños nas cabeceiras das liñas; o plan de Igualdade está caducado desde fai tres anos, así como a mala calidade ou falta de entrega de uniformidade.

Por todos estes motivos, solicitouse a mediación do Concello para resolver este conflito laboral convocouse asemblea de traballadores o 29 de setembro para decidir se se realizan paros parciais.