O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, na Feira Internacional de Turismo (FITUR)

Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Lalín

O concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, na Feira Internacional de Turismo (FITUR)

O edil participou na presentación da proposta da Deputación de Pontevedra “Fame de Experiencias” coa que se pretende impulsar a enogastronomía como motor do turismo en toda a provincia. No marco desta presentación tamén tivo o seu protagonismo o Cocido e a Feira do Cocido, como un dos pratos e eventos fundamentais dentro do panorama gastronómico provincial e galego.

Francisco Vilariño tamén participou na promoción e presentación do 24 Rali do Cocido, que se celebrará os días 24 e 22 de xuño. Así mesmo, mantivo reunións de traballo con diferentes axentes sectoriais para explorar novas alternativas e propostas no ámbito do turismo que poidan supoñer maiores posibilidades para Lalín. Entre os aspectos máis relevantes sobres os que se traballou o concelleiro destacou as novidosas ferramentas turísticas existentes a través de aplicacións informáticas, que abren un extenso abano de posibilidades sobre as que actuar.