O Concello abre a inscrición para os cursos de alfabetización dixital

Xa está aberto o proceso para participar nos cursos de alfabetización dixital que promove o Concello. Se impartirán nos meses de setembro e outubro, con formación en materias como informática, robótica, mecanografía, internet ou ofimática básica.
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello abre a inscrición para os cursos de alfabetización dixital

Xa está aberto o proceso para participar nos cursos de alfabetización dixital que promove o Concello. Se impartirán nos meses de setembro e outubro, con formación en materias como informática, robótica, mecanografía, internet ou ofimática básica.

As clases terán lugar na aula de formación TIC na Avenida de Beiramar e no mes de setembro abordaranse materias como a iniciación á folla de cálculo, á informática e á robótica, así como a procura de emprego. En outubro, será a quenda da formación en Internet e trámites administrativos, mecanografía e ofimática Básica.

Os interesados poden informarse e/ou inscribirse no teléfono 010 ou no 986810260, cos requisitos de estar empadroado na cidade de Vigo. O Concello concederá preferencia a aquelas persoas que non participaran previamente no mesmo curso solicitado.