O Concello abre ata o 8 de maio o prazo para pedir as axudas de vivenda, enerxía e alimentación

Abel Caballero informou este luns da apertura do prazo de solicitudes das Axudas Extraordinarias a Familias 2018, desde este martes 10 de marzo ata o 8 de maio, ambos incluidos. Sumando as axudas de emerxencia, o goberno de Vigo adica máis de 2,5 millóns a pagos de vivenda, enerxía e alimentos.
Publicado por o día 09/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello abre ata o 8 de maio o prazo para pedir as axudas de vivenda, enerxía e alimentación

O alcalde de Vigo anunciou que este martes comeza o prazo para optar ao programa municipal de Axudas Extraordinarias a Familias para gastos de vivenda, subministros e alimentación, prazo que estará aberto ata o 8 de maio incluido.

O goberno de Vigo, segundo detallou Caballero, adica 1.640.000 euros a esta convocatoria extraordinaria, cantidade á que se suman os 850.000 euros que reservan as contas municipais para axudas de emerxencia. Así, o Concello adica este 2018 máis de 2,5 millóns de euros para pagos de aluguer e hipoteca, enerxía e alimentos ás familias que o precisan.

O alcalde deu as cifras das axudas concedidas na convocatoria do ano pasado, un total de 1.947 para alimentación, 1.898 para subministros enerxéticos e outras 1.454 axudas para pagos da vivenda. Para este ano, os interesados poden formalizar a súa solicitude no rexistro do Concello ou en calquera outro habilitado, como pode ser o da Xunta de Galicia ou Correos.

A web do Concello –vigo.org– recolle as bases, o extracto da convocatoria, o impreso de solicitude e a petición de cita previa. Recordou Caballero que o Concello volve atender aos demandantes con cita previa, de luns a venres, “para evitar colas”, pois o ano pasado se rexistraron sobre 3.000 requerimentos.

Os requisitos para optar ás Axudas Extraordinarias para familias pasan por estar empadroado en Vigo desde hai alomentos tres anos e o cumprimento dos termos socioeconómicos establecidos nas bases. O alcalde avanzou que o goberno que encabeza resolverá o procedemento en tres meses desde o peche do prazo de solicitudes, co que estimou que no verán se estarán abonando as axudas extraordinarias.