O Concello abre o luns 21 de xaneiro o prazo para solicitar as bolsas de inglés de 2019

Este programa municipal permitirá a estadía de 750 alumnos/as durante tres semanas en localidades de Reino Unido ou Irlanda, tal e como avanzou o rexedor esta mañana. O alumnado de 3º da ESO interesado poderá presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o luns 21 de xaneiro ao venres 1 de febreiro.
Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello abre o luns 21 de xaneiro o prazo para solicitar as bolsas de inglés de 2019

Entre o 21 de xaneiro e o 1 de febreiro estará aberto o prazo para solicitar a participación no programa de inmersión lingüística Vigo en inglés. Os alumnos de 3 da ESO interesados poderán formalizar a solicitude no Rexistro do Concello para gozar dunha estadía de tres semanas en Reino Unido ou Irlanda en réxime de integración co alumnado nativo.

O programa conta cun orzamento de 1.704.000 euros e 750 prazas, que inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrionas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida e volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade civil.

Está previsto que as viaxes comecen a mediados de setembro para iniciar o curso en centros británicos, engadiu Caballero na rolda de prensa.