O Concello abre o Rexistro con cita previa para axudas de inclusión social, Risga e pensións

O alcalde avanzou este luns que o Concello de Vigo abrirá este luns o Rexistro da lonxa de Praza do Rei con cita previa a través do 010. A decisión está destinada a atender ás persoas sen situación de vulnerabilidade que deben solicitar axudas de inclusión social, discapacidade, pensións non contributivas ou Risga.
Publicado por o día 11/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello abre o Rexistro con cita previa para axudas de inclusión social, Risga e pensións

O Concello de Vigo abrirá este mesmo luns a súa ofician de Rexistro na lonxa da Praza do Rei para atender aos colectivos en situación de maior vulnerabilidade á hora de solicitar axudas. Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen destacou que será necesario ter cita previa.

“Abrimos porque hai moitas persoas vulnerables que necesitan utilizar o Rexistro para a solicitude de Risga, pensións non contributivas, discapacidade e axudas de inclusión social”, explicou. Esta medida está orientada á facilitar as peticións de axudas por parte das persoas máis vulnerables e o rexedor apuntou que xa poden chamar ao teléfono de atención ao cidadán (010) para concertar a cita.

Axudas de emerxencia

Por outra banda, o alcalde destacou que o Concello xa entregou un total de 7.740 axudas de emerxencia desde a declaración do estado de alarma pola crise sanitaria do Covid-19. Ademais, este mesmo luns repartiranse 611 comidas nos albergues e en domicilios a familias sen recursos e xa hai tamén repartidos 315 ordenadores procedentes de doazóns.

Respecto ás denuncias por non respectar as medidas do decreto de alarma, sinalou que a Policía Local formulou este domingo 21 propostas de sanción.

Comentar noticia

Your email address will not be published.