O Concello abrirá en dez días a nova Biblioteca de Navia con 200 postos de lectura

O alcalde de Vigo avanzou este luns que a Biblioteca de Navia, con 200 postos de lectura, abrirá nun prazo aproximado de dez días. A nova instalación municipal contou cun investimento próximo aos 500.000 euros e disporá de uns 200 postos de lectura.
Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello abrirá en dez días a nova Biblioteca de Navia con 200 postos de lectura

O alcalde de Vigo avanzou este luns que a Biblioteca de Navia, con 200 postos de lectura, abrirá nun prazo aproximado de dez días. A nova instalación municipal contou cun investimento próximo aos 500.000 euros e disporá de uns 200 postos de lectura.

A nova Biblioteca de Navia abrirá as súas portas con 200 postos de lectura nun prazo aproximado de dez días. Así o avanzou este luns o alcalde, Abel Caballero, aos medios de comunicación despois de realizar unha visita ás novas instalacións municipais.

Segundo explicou o rexedor, todos os lugares de lectura dispoñen de conexións e wifi, mentres que o salón é ampliable, de forma que podería acoller a máis postos se existe demanda. “Esta é a nova dimensión das políticas culturais da cidade, supón un grande avance porque Vigo tiña carencia de bibliotecas”, sinalou Caballero.

O alcalde lembrou que durante o seus mandato abriu a Biblioteca Neira Vilas, na rúa Martínez Garrido; a sala do Auditorio Mar de Vigo, cuns 400 postos de lectura, e a aula da Casa do Patín, polo que xa existen máis de 800 postos de lectura na cidade.

“Xa estamos entrando nun rango de número de postos de lectura que Vigo necesita”, sinalou antes de engadir que xa está en marcha o proxecto da Biblioteca de Teis, no edificio da Seguridade Social, e que Goberno de España xa deu visto e prace á Biblioteca do Estado na rúa Lalín.

Pre-inauguración da "Sala de Lectura" do Concello de Vigo

#VigoO alcalde de Vigo avanzou este luns que a Biblioteca de Navia, con 200 postos de lectura, abrirá nun prazo aproximado de dez días. A nova instalación municipal contou cun investimento próximo aos 500.000 euros e disporá de uns 200 postos de lectura.Máis información na ligazón https://www.noticiasvigo.es/o-concello-abrira-en-dez-dias-a-nova-biblioteca-de-navia-con-200-postos-de-lectura/

Publicada por Noticias de Vigo en Lunes, 9 de septiembre de 2019