O Concello abrirá en dúas semanas o aparcamento xunto ao hospital Álvaro Cunqueiro

Segundo explicou Caballero, o goberno vigués prepara unha ordenanza para aplicar no municipal o mesmo criterio que a Xunta no seu estacionamento no hospital. Cando estea lista a normativa, o Concello abonará aos vigueses o custo do aparcamento a través da PassVigo; mentres se elabora, o aparcamento será de acceso libre.
Publicado por o día 04/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello abrirá en dúas semanas o aparcamento xunto ao hospital Álvaro Cunqueiro

O alcalde anunciou a apertura do aparcamento municipal do hospital nun prazo máximo de dúas semanas, con 400 prazas que serán de acceso libre e gratuíto mentres o Concello non teña aprobada a ordenanza.

O goberno vigués traballa nunha ordenanza que permita ao Concello adoptar no seu estacionamento o mesmo criterio que a Xunta aplica no aparcamento do Álvaro Cunqueiro, de tal forma que se o da Xunta é de pago, o municipal tamén o será, mais os vigueses terán unha dedución do 100% coa PassVigo.

Así, o Concello establecerá na ordenanza que o aparcamento municipal sexa de pago, e “altamente probable” coas mesmas tarifas vixentes no da Xunta, mais os usuarios coa tarxeta PassVigo o terán gratis. Abel Caballero reiterou que o aparcamento municipal tamén será gratuíto se a Xunta libera o pago no seu.

O alcalde vigués estimou que a ordenanza estará en vigor nun prazo de dez meses. Mentres continúa a tramitación administrativa, o Concello abrirá o aparcamento -dentro de quince días- con acceso libre.