O Concello achega 300.000 euros aos colexios públicos para obras de mantemento

Os fondos, dos que dispoñen xa as direccións dos 43 centros educativos de Infantil e Primaria da cidade, inclúense no programa de autoxestión do Concello. Amais, os voluntarios municipais realizaron máis de 1.000 entregas de material escolar ás familias.
Publicado por o día 05/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello achega 300.000 euros aos colexios públicos para obras de mantemento

O alcalde informou este martes da achega de 300.000 euros aos 43 centros educativos públicos de Infantil e Primaria de Vigo, dentro do programa de autoxestión dos colexios para que estes poidan realizar obras pequenas, de conservación, mantemento e reparación. Os fondos, xa operativos, distribúense segundo o número de alumnado e do tipo de reformas que precisen acometer.

Amais desta achega, o Concello dedica 250.000 euros anuais a obras de mantemento e conservación dos centros educativos públicos, que realiza directamente, sumando así 550.000 euros anuais a este fin. Caballero lembrou que o goberno municipal tamén está realizando a cubrición de patios de colexios, unha competencia da Xunta que está asumindo o Concello.

Entrega de material escolar

O rexedor deu conta da entrega de máis de 1.000 paquetes de material escolar en domicilios da cidade por parte de voluntarios do Concello que están desenvolvendo un “sistema interesante en Primaria, Infantil e algúns centros de secundaria”. Recollen o material nos centros, que inclúe libros, material escolar, fotocopias e mesmo equipos informáticos segundo as necesidades de cada familia, e lévano aos domicilios que o solicitaron aos colexios para que o alumnado poida seguir a súa educación desde a casa.

Nestes momentos, o Concello ten rexistradas 33 solicitudes de centros educativos e ten realizado varias entregas: na semana do 20 ao 24 de abril: 267 paquetes a familias, do 27 ao 30 de abril: 411 paquetes e nesta semana foron 372 as entregas, sumando máis de 1.000 repartos realizados.

Así mesmo, o goberno municipal segue co programa de doazón de ordenadores para alumnado de Primaria sen medios informáticos propios que acumula 636 peticións de centros educativos e 234 equipos doados, que xa se están preparando. O alcalde lembrou que quen queira doar un ordenador a esta campaña debe chamar ao teléfono 010 para que sexa recollido no seu domicilio, actualizado e posto a disposición das familias que o precisen. “Necesitamos 400 máis”, cifrou Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.