O Concello acolleu a 16 vítimas de violencia de xénero en hoteis da cidade desde o inicio da alarma

O alcalde recalcou esta mañá que o servizo de atención a vítimas de violencia de xénero permanece plenamente operativo neste período de alerta. Ata o de agora, o Concello acolleu a 16 persoas en hoteis da cidade, ademais de manter a dúas familias en pisos independentes e de tramitar o ingreso dunha vítima máis no Centro de Emerxencias.
Publicado por o día 15/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello acolleu a 16 vítimas de violencia de xénero en hoteis da cidade desde o inicio da alarma

O Concello acolleu a 16 persoas vítimas de violencia de xénero en hoteis da cidade desde que se decretou o estado de alarma, a última delas, a pasada noite, unha muller e os seus dous fillos. Mantéñense, ao mesmo tempo, dúas familias en dous pisos municipais independentes, e no Centro de Emerxencias, o Concello vén de aloxar a unha muller máis.

Desde o inicio do confinamento, o servizo de atención a vítimas de violencia de xénero recibiu 358 chamadas que derivaron en 212 atencións xurídicas, 105 atencións sociais, 190, psicolóxicas, ademais de tramitar 20 axudas de emerxencia por máis de 4.000 euros.

Na rolda de prensa telemática deste venres, o rexedor fixo fincapé en que o servizo municipal de atención a vítimas de violencia de xénero segue plenamente operativo e animou a facer uso do mesmo a todas as mulleres que están a padecer esta situación ou a calquera persoa que coñeza un caso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.