O Concello activa o servizo especial de autobuses para o Samaín e a festividade de Todos os Santos

Un servizo especial de transporte urbano porase en marcha este venres 1 de novembro para facilitar o desprazamento de pasaxeiros ata os cemiterios da cidade. Ademais, as liñas regulares máis demandadas disporán dun servizo de ampliación de frecuencia. Tamén haberá reforzo para a noite do Samaín.
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello activa o servizo especial de autobuses para o Samaín e a festividade de Todos os Santos

Un servizo especial de transporte urbano porase en marcha este venres 1 de novembro para facilitar o desprazamento de pasaxeiros ata os cemiterios da cidade. Ademais, as liñas regulares máis demandadas disporán dun servizo de ampliación de frecuencia. Tamén haberá reforzo para a noite do Samaín.

O Concello de Vigo porá en marcha un servizo especial de autobuses e reforzará todas as liñas que prestan servizo aos cemiterios con motivo da festividade de Todos os Santos que terá lugar este venres, día 1 de novembro.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, incorporaranse os autobuses necesarios para cumprir coas demandas dos usuarios ao longo da xornada. Ademais das liñas regulares, disporán dun servizo de ampliación de frecuencia nas liñas C3, L15 e L17.

Tamén haberá un servizo especial C1 (Circular Centro) o venres día 1 de novembro, que ampliará a súa frecuencia para facilitar os desprazamentos dos usuarios desde as 08:30 ata as 14:30 horas e haberá frecuencias cada 15 minutos, mentres que desde as 14:30 ata as 21:30 horas haberá frecuencias cada 10 minutos.

Relación de cemiterios e liñas:
Teis: C3
Bouzas: C3, L4 A/C, L5 B y L15 A/C
Pereiró: H2, L7, L8, L12 B e L17
Zamáns: L7
Puxeiros: L15 C
Beade: L6 y L27
Candeán: L9 B
Cabral: L11
Matamá: L17
Alcabre: L10 y L15 A/C
S. Andrés: L11 e L29

Por outra banda, co gallo da celebración do Samaín, o día 31 de outubro as liñas nocturnas C1, N1 y N2 amplían o seu servizo, con viaxes desde as 22:30 ata as 06:15 horas e frecuencias medias de 20 minutos en tramos comúns.

Comentar noticia

Your email address will not be published.